Saturday 27 de April de 2024

Peche de campaña de Alternativa o venres en Perillo


Alternativa dos Veciños pechará a campaña electoral celebrando este vindeiro venres 26 de maio unha nova cea fría. Será en Perillo, na polideportiva da avenida da II República, ás 21:00 horas.

O acto será aberto a todos os veciños e veciñas de Oleiros interesados en informarse e coñecer o programa e as propostas de Alternativa para revalidar a maioría absoluta e gobernar Oleiros a próxima lexislatura.